A Lei 52/2007, coñecida como Lei de Memoria Histórica, recoñece o dereito á reparación moral e á recuperación da memoria persoal e familiar dos que padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura.
Por esta razón, no seu artigo 4 a Lei considera o dereito a obter unha Declaración de reparación e recoñecemento persoal aos que durante a Guerra Civil e a Ditadura padeceron persecucións, condenas, sancións ou calquera outra forma de violencia persoal por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa.
Entre estas razóns se inclúe a pertenza, colaboración ou relación con partidos políticos, sindicatos, organizacións relixiosas ou militares, minorías étnicas, sociedades secretas, loxas masónicas e grupos de resistencia, así como o exercicio de condutas vinculadas con opcións culturais, lingüísticas ou de orientación sexual.
Mediante esta Declaración, a democracia española honrará aqueles cidadáns que padeceron directamente a inxustiza e os agravios derivados da Guerra Civil e da Ditadura franquista. Aos que perderon a vida e tamén aos que perderon a súa liberdade ao padecer prisión, deportación, confiscación dos seus bens, traballos forzosos ou internamentos en campos de concentración dentro ou fóra das nosas fronteiras. Igualmente, recoñecerase aos que perderon a patria ao ser empurrados a un longo, desgarrador e, en tantos casos, irreversible exilio.
Esta Declaración leva consigo o recoñecemento e a reparación moral para aquelas persoas que sufriron as consecuencias da Guerra Civil e da Ditadura, e para os seus familiares.
Entregarase ao peticionario un Título expedido polo Ministro de Xustiza no que constará a Declaración de reparación e recoñecemento persoal.
Concederase unha única Declaración de reparación para cada persoa afectada. Unha vez concedida, o Ministerio de Xustiza poderá expedir copias do Título a outros familiares ou institucións públicas que acrediten a súa relación co afectado cando así o soliciten.
A Declaración non supón o recoñecemento de responsabilidade patrimonial do Estado nin de calquera Administración Pública, nin dá lugar a efecto, reparación ou indemnización de índole económica ou profesional. Con todo, será plenamente compatible con calquera outra fórmula de reparación prevista no ordenamento xurídico.
Poderanse achegar tamén documentos e informes expedidos por entidades ou institucións, públicas ou privadas, que estean relacionadas coa reparación e recuperación da memoria persoal e familiar das vítimas da Guerra Civil e a Ditadura, así como dos partidos políticos, sindicatos e asociacións que sufriron persecución durante a Ditadura.
Nas instrucións adxuntas ao modelo de solicitude ofrécese toda a información necesaria sobre os distintos documentos.
A Declaración poderase solicitar en calquera momento. Se a solicitude non vai acompañada dos datos e documentos necesarios para a súa tramitación, pedirase ao interesado que os presente nun prazo de 10 días. Se non o fai, ditarase resolución na que se considerará que desistiu da súa petición.
Isto non impide que o interesado poida volver presentar a solicitude posteriormente, unha vez que obteña os documentos que no seu momento non puido achegar.
A Administración deberá notificar a resolución ao interesado no prazo de 6 meses contados dende a data de presentación. Pasado ese prazo sen que se dite resolución, a solicitude entenderase estimada.
Presencial
A solicitude poderá presentarse en calquera dos seguintes enderezos do Ministerio de Xustiza:
Por Internet (con certificado dixital)
As solicitudes das declaracións de reparación e recoñecemento persoal pódense solicitar de forma presencial ou de forma telemática a través de Internet. A acreditación da identidade do solicitante realizarase mediante certificado dixital.