Ir a Contido

Lei da Memoria Histórica

Menú principal

A voluntarios de Brigadas Internacionais

España recoñece o labor de defensa da liberdade e os principios democráticos que levaron a cabo os voluntarios integrantes das Brigadas Internacionais na Guerra Civil española.

Ese recoñecemento xa se manifestou en 1996, cando se lles concedeu, por Real Decreto do 19 de xaneiro, o dereito a adquirir a nacionalidade española por carta de natureza. Con todo, o acceso á nacionalidade por esta vía está suxeito ao requisito de ter que renunciar á anterior, polo que un bo número de brigadistas non fixo efectiva a adquisición da nacionalidade española.

A Lei 52/2007, coñecida como Lei de Memoria Histórica, no seu artigo 18, recoñece de novo e dun modo singularizado o labor dos brigadistas e amplía o seu dereito á nacionalidade española eliminando o requisito de ter que renunciar á súa anterior nacionalidade.

Solicitude

Para facer efectivo o dereito dos brigadistas á nacionalidade española, o novo Real Decreto, do 31 de outubro de 2008, que desenvolve a Lei de Memoria Histórica, establece dous procedementos con requisitos distintos en función de se fora presentada xa unha solicitude ou non.

  • Casos en que xa se presentou solicitude

Aqueles integrantes das Brigadas Internacionais a quen lles foi concedida a nacionalidade española conforme ao Real Decreto do 19 de xaneiro de 1996 e que non a fixeron efectiva por non renunciar á súa nacionalidade anterior, poderán reproducir a súa petición sen necesidade de achegar ningunha documentación.

Unicamente terán que presentar unha solicitude indicando os seus datos persoais.

  • Novos solicitantes

Modelo de solicitude

Os brigadistas que solicitan por primeira vez a adquisición da nacionalidade española deberán formalizala segundo o MODELO oficial que pode descargarse aquí.

Outros documentos

O interesado poderá achegar aqueles documentos que considere oportunos para acreditar a súa condición de membro das Brigadas Internacionais.

Tamén se achegará o certificado literal de nacemento, legalizado e, se for o caso, traducido. Ademais, se está casado/a, certificado orixinal de matrimonio, legalizado e, se for o caso, traducido; e se o cónxuxe é español/a, certificado literal de nacemento deste.

Prazo de presentación da solicitude

O exercicio do dereito a solicitar a nacionalidade española dos brigadistas non está suxeito a ningún prazo.

Formas de solicitala

Os interesados poderán presentar a solicitude de adquisición da nacionalidade española:

  • No Ministerio de Xustiza, Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado (Plaza de Jacinto Benavente, 3. 28012 Madrid).
  • No rexistro xeral de calquera órgano administrativo español.
  • Nas oficinas de Correos de España.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • No Rexistro Civil español, municipal ou consular do domicilio do interesado.

OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE NACEMENTO ESPAÑOIS

As certificacións rexistrais españolas requiridas máis arriba, poderán solicitarse por vía electrónica a través de: