Ir a Contido

Lei da Memoria Histórica

Menú principal

A descendentes de españois

A Lei 52/2007, coñecida como Lei de Memoria Histórica, recoñece a inxustiza que supuxo o exilio de moitos españois durante a Guerra Civil e a Ditadura.

En consecuencia, a citada Lei na súa disposición adicional sétima permite a adquisición por opción da nacionalidade española de orixe ás persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente española e aos netos dos que perderon ou tiveron que renunciar á nacionalidade española como consecuencia do exilio.

SOLICITUDE DA NACIONALIDADE

Hai 3 tipos de solicitudes diferentes da nacionalidade española de orixe:

  1. As persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente español

    A lei española xa permitía optar pola nacionalidade española ás persoas cuxo pai ou nai fose orixinalmente española e nacida en España.

    A Lei da memoria Histórica amplía a posibilidade de adquirir a nacionalidade española de orixe aos fillos de pai ou nai española de orixe, aínda que non nacese en España.

    Documentos que deben achegar os interesados

    • Solicitude conforme o MODELO I, que se pode descargar neste páxina web O modelo tamén pode atoparse na Embaixada ou Consulado Xeral de España máis próximo ao seu domicilio .Ligazón a páxina fóra deste portal
    • Certificación literal de nacemento do interesado, expedida por un rexistro civil local no estranxeiro, legalizada ou apostilada se procede. O rexistro civil estranxeiro deberá informar sobre os trámites de legalización e apostila.
    • Certificación literal de nacemento do pai ou nai orixinariamente español do solicitante. Esta certificación deberá proceder dun Rexistro Civil español, consular ou municipal, ou dun rexistro civil estranxeiro.
  2. Os netos dos que perderon ou tiveron que renunciar á nacionalidade española como consecuencia do exilio

    Inclúe as persoas cuxo pai ou nai naceu despois de que o avó ou avoa exiliados perdese a nacionalidade española. Polo tanto, o seu ascendente español máis próximo é algún avó.

    Non é necesario que o avó ou avoa español o fose de orixe.

    Documentos que deben achegar os interesados

    • Solicitude conforme o MODELO II, que se pode descargar neste páxina web O modelo tamén pode atopar na Embaixada ou Consulado Xeral de España máis próximo ao seu domicilio. Ligazón a páxina fóra deste portal.
    • Certificación literal de nacemento do interesado, expedida por un rexistro civil local no estranxeiro, legalizada ou apostilada se procede. O rexistro civil estranxeiro deberá informar sobre os trámites de legalización e apostila.
    • Certificación literal de nacemento do pai ou nai -que corresponda á liña do avó ou avoa españois- do solicitante, expedido por un Rexistro Civil consular ou por un rexistro civil estranxeiro. Neste último caso, a certificación deberá estar legalizada ou apostilada cando así se requira. O rexistro civil estranxeiro deberá informar sobre os trámites de legalización e apostila. Se nacesen antes de 1870, poderán achegar unha certificación española de bautismo.

      Este certificado pretende unicamente relacionar o pai ou a nai co avó ou a avoa.

    • Certificación literal de nacemento do avó ou avoa español/a do solicitante, expedida por un Rexistro Civil municipal situado en España. Igual que no caso anterior, se nacesen antes de 1870, poderán achegar unha certificación española de bautismo.
    • Documentación que probe a condición de exiliado do avó ou a avoa. Para acreditar a condición de exiliado do avó ou avoa do interesado, a lei permite 3 posibilidades.
      • Documentación que acredite ser beneficiario das pensións outorgadas pola Administración española aos exiliados, que proba directamente e por si soa o exilio..
      • Documentación que acredite o exilio xunto a documentación que probe a saída de España ou a entrada ou permanencia estable noutro Estado:
        • A condición de exiliado poderá acreditarse mediante:
          • Documentación da Oficina Internacional de Refuxiados de Nacións Unidas e das Oficinas de Refuxiados dos estados de acollida que asistiron aos refuxiados españois e ás súas familias.
          • Certificacións ou informes expedidos por partidos políticos, sindicatos ou calquera outra entidade ou institución, pública ou privada, debidamente recoñecida polas autoridades españolas ou do Estado de acollida dos exiliados, que estean relacionadas co exilio. As devanditas certificacións ou informes deberán referirse fidedignamente aos fondos documentais ou arquivos históricos da entidade.
        • A expatriación, saída de España ou permanencia noutro Estado poderá acreditarse mediante:
          • Pasaporte ou título de viaxe con selo de entrada no país de acollida.
          • Certificación do Rexistro de Matrícula da Embaixada ou Consulado español.
          • Certificacións do Rexistro Civil consular que acrediten a residencia no país de acollida, como inscrición de matrimonio, inscricións de nacemento de fillos, inscricións de defunción, etc.
          • Certificación do rexistro civil local do país de acollida que acredite adquirir a nacionalidade do devandito país.
          • Documentación oficial da época do país de acollida na que conste o ano da chegada ao devandito país ou a chegada a este por calquera medio de transporte.
        • Presumirase a condición de exiliado respecto de todos os españois que saíron de España entre o 18 de xullo de 1936 e o 31 de decembro de 1955. A saída de España poderase acreditar mediante algún dos documentos citados arriba.
  3. As persoas que xa optaron á nacionalidade española non de orixe

    Aquelas persoas que xa optaron á nacionalidade española derivativa porque o seu pai ou nai fose orixinariamente español e nacido en España, segundo o artigo 20.1 b) do Código Civil, poden agora optar ademais á nacionalidade española de orixe.

    Documentos que deben achegar os interesados

    Os solicitantes unicamente teñen que presentar a solicitude de acordo co MODELO III que se pode descargar neste páxina web O modelo tamén pode atoparse na Embaixada ou Consulado Xeral de España máis próximo ao seu domicilio. Ligazón a páxina fóra deste portal.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE E PRAZOS

Os interesados deberán imprimir e encher dúas copias do modelo de solicitude que corresponda segundo o suposto no que estean incluídos. Presentarano, xunto coa documentación que proceda, ante o Rexistro Civil español, consular ou municipal, correspondente ao lugar do domicilio do interesado. Unha copia selada seralles devolta como xustificante de presentación.

Se ao presentarse a solicitude de nacionalidade non se acreditan os requisitos esixidos, o optante estará obrigado a completar a documentación no prazo de trinta días naturais dende que se lle requira.

Como consecuencia do Acordo de Consello de Ministros de 22 de xaneiro de 2010 (BOE nº 72, de 24-3-2010), que prorrogou por un ano o prazo inicialmente previsto, a solicitude poderá presentarse até o 27 de decembro de 2011.

RECURSOS

Se o Encargado do Rexistro Civil denegase a opción á nacionalidade española de orixe por non cumprir os requisitos previstos na lei, notificaráselle formalmente ao interesado para os efectos de que poida interpoñer o correspondente recurso ante a Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza: Plaza Jacinto Benavente, nº 3 - 28.071 Madrid.

O recurso tamén poderá presentarse nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.